"É unha historia sobre depredadores sociais, na que a ambición e a falta de escrúpulos dos personaxes mestúrase nun contexto laboral onde a falta de regras é a norma”, comenta Juan de Oliveira.
Juan de Oliveira puxo un gran empeño en conseguir os actores e actrices que necesitaban os personaxes desta curtametraxe. Para elo conta cun reparto no que se mesturan coñecidos profesionais do audiovisual e algúns dos novos valores da interpretación.
Vicente de Souza é o protagonista de Economía de Mercado, no que estará acompañado por César Cambeiro, Xosé Eirín, Alejandra Dans e Antonio López Rico.
A curtametraxe vaise gravar desde este xoves e até o domingo en diferentes localización da cidade da Coruña.
Economía de Mercado é un proxecto de Juan de Oliveira, que conta co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.